Pois si, parece que isto vai ser cousa de un par de veces ao ano. De intres lonxanos que espertan para tomar decisións fundadas en lume e outras paranoias propias dun intelixente esquizofrénico.
E agora qué, pois xa non hai noite, 24h de luz atemporal e fugaz coma a miña vida.
Perdereime entre pedras de auga e bosques cheos de fadas prostitutas que chamarán por min para poder sorberme o sangue mais a leite, así feito pelexo ficarei no fondo do barranco até que o sol se poña pois calquera noite pode sair o sol pero os días que non finalizan fanse noite ao pechar os olhos.
Acordeime da puta un ano mais, que lle vou facer. Iso que Blimunda está ao meu carón, non pregunta e tampouco responde, para qué carallo ia a querer mais???
sábado, 17 de outubro de 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário